Nova Orleáns
cidade máis grande do estado de Luisiana (Estados Unidos) / From Wikipedia, the free encyclopedia
Nova Orleáns (en inglés New Orleans; en francés La Nouvelle-Orléans) é a cidade máis grande do estado de Luisiana, Estados Unidos de América. Está situada ao sueste deste estado no río Mississippi, xusto ao sur do Lago Pontchartrain. A poboación da cidade era de 391.006 en 2017, 1.337.726 na "Gran Nova Orleáns". O nome abréviase ás veces como NOLA.
New Orleans (en) la Nouvelle-Orléans (fr) | |||||
Alcume | NOLA, The Big Easy e Crescent City | ||||
---|---|---|---|---|---|
Nomeado en referencia a | Filipe II, Duque d'Orleães (pt) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Luisiana - Louisiana | ||||
Parroquia | Orleans Parish (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 383.997 (2020) (423,79 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 154.826 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | New Orleans metropolitan area (en) (Poboación:1.271.845) | ||||
Superficie | 906,099114 km² | ||||
Auga | 51,6227 % (1 de abril de 2010) | ||||
Bañado por | Río Mississippi e Mississippi River – Gulf Outlet Canal (en) | ||||
Altitude | −2 m-6 m | ||||
Comparte fronteira con | Paróquia de St. Tammany (pt) Paróquia de Plaquemines (pt) Paróquia de Jefferson (pt) Paróquia de St. Bernard (pt) | ||||
Creación | 1718 | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | LaToya Cantrell (pt) (2018–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 70117 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 985 e 504 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | nola.gov |
Nova Orleáns é unha cidade do Sur coñecida polo seu patrimonio multicultural, en particular francés, español e africano, pola súa música e pola súa cociña. É un destino turístico moi coñecido grazas aos seus numerosos festivais e celebracións, entre os que destacan o Mardi Gras, o Festival de Jazz e o torneo de rubgy americano Sugar Bowl.
A cidade foi fundada en 1718 e desempeñou un papel relevante na historia dos Estados Unidos. Leva o nome na honra de Filipe II, Duque de Orleáns, rexente de Francia no momento da fundación da cidade. O nome alude á cidade de Orleáns, en Francia.
Nova Orleáns é unha cidade portuaria importante debido á súa localización preto do golfo de México e no río Mississippi, o que fai dela un centro de tránsito de mercadorías desde e cara Latinoamérica. A industria petroleira é tamén de grande importancia para a súa economía, xa que no Golfo hai instaladas numerosas plataformas de extracción. O Porto do Sur de Luisiana (que inclúe o porto de Nova Orleáns e se estende pola área metropolitana) é o cuarto do mundo en tonelaxe.