Patrimonio da Humanidade en Cabo Verde
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Cabo Verde, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Cabo Verde, un arquipélago na costa atlántica do continente africano cuxo legado cultural abrangue unha rica influencia da cultura portuguesa, ratificou a convención o 28 de abril de 1988, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]
Cabo Verde conta dende o ano 2009 cun lugar declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, a Cidade Velha, Centro histórico de Ribeira Grande.