Patrimonio da Humanidade en Galicia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Galicia, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. España ratificou a Convención sobre a Protección do Patrimonio Cultural e Natural da Humanidade o 4 de maio de 1982, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3]
O primeiro sitio en Galicia que se inscribiu foi a Cidade vella de Santiago de Compostela, que foi inscrita na 9ª sesión do Comité do Patrimonio da Humanidade en 1985.[4] Os seguintes lugares que foron incluídos entre o Patrimonio da Humanidade foron o Camiño de Santiago (1993), compartido con outras rexións europeas,[5] a Muralla de Lugo (2000)[6] e a Torre de Hércules (2009).[7] Os catro sitios son culturais.