Pau Gasol
baloncestista español / From Wikipedia, the free encyclopedia
Pau Gasol Sáez, nado en Barcelona o 6 de xullo de 1980, é un xogador catalán de baloncesto. Dende 2021 xoga no FC Barcelona da Liga ACB.
Barcelona – No. 16 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 6 de xullo de 1980 (43 anos) Barcelona Cataluña |
Nacionalidade | España |
Altura | 2,13 m[1] (7 ft 0 in) |
Peso oficial | 113 kg (250 lb) |
Posición | Ala-pivote |
Información da carreira | |
Pre-draft club | FC Barcelona |
NBA Draft | 2001 / Rolda: 1 / Elección: 3 Por Atlanta Hawks |
Carreira | dende 1998 |
Historial de equipos | |
Barcelona (1998–2001) Memphis Grizzlies (2001–2008) Los Angeles Lakers (2008–2014) Chicago Bulls (2014–2016) San Antonio Spurs (2016–2019) Milwaukee Bucks (2019) Barcelona (2021–presente) | |
Premios e galardóns | |
2× Campión da NBA (2009, 2010) 1× Rookie do ano (2002) 1× Primeiro equipo de novatos (2002) 6× NBA All-Star (2006, 2009, 2010, 2011, 2015,2016) 4×Equipo all-NBA (2009, 2010, 2011, 2015) | |
Foi o segundo español en xogar na NBA despois de Fernando Martín, sendo escollido polos Atlanta Hawks no Draft da NBA de 2001, e os seus dereitos vendidos á recentemente trasladada franquía dos Memphis Grizzlies, antigamente en Vancouver, onde gañou o premio ao Rookie do Ano da NBA. Actualmente posúe os maiores rexistros da franquía de Memphis en partidos xogados, minutos xogados, tiros de campo feitos e anotados, tiros libres feitos e anotados, rebotes totais, defensivos e ofensivos, tapóns, roubos e puntos. Despois de sete anos nesa franquía, foi traspasado en 2008 aos Los Angeles Lakers, onde xogou ata 2014, pasando logo por Chicago Bulls, San Antonio Spurs e Milwaukee Bucks antes de volver en 2021 ao FC Barcelona, o equipo no que debutara como profesional 22 anos atrás.
O seu irmán Marc Gasol é tamén xogador profesional de baloncesto e actualmente forma parte do equipo de Los Angeles Lakers da NBA.