Pectínidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
A familia dos pectínidos (Pectinidae), é unha familia de moluscos bivalvos, da orde dos ostreidos, suborde dos pectininos e superfamilia dos pectinoideos.[1][2]
Pectínidos Pectinidae Vieiras Rango fósil: Triásico medio - Acrtualidade 200 - 0 millóns de anos | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Valva inferior da cuncha dunha vieira achada no camiño de Santiago. | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Subfamilias e Xéneros | |||||||||||||||
|
As súas especies, coñecidas popularmente como vieiras (en galego, portugués e castelán, en inglés scallops), emparentadas de preto coas ameixas e as ostras, viven en augas pouco profundas da maior parte dos mares, sobre bancos de area limpa e firme preto da costa, até os100 m de profundidade. Son hermafroditas, e maduran primeiro as gónadas masculinas.
Debido á súa ampla distribución, as cunchas de vieira son comúns nas praias e, a miúdo, son de cores brillantes, o que as converte nun obxecto popular para recolectar entre os amantes da praia e os turistas.[3] Estas cunchas tamén teñen un lugar importante na cultura popular, incluído o simbolismo relixioso.
As máis coñecidas en Europa son a zamburiña (Chlamys varia), Pecten maximus, propia das costas do Atlántico occidental, e Pecten jacobaeus, endémica do mar Mediterráneo. Ambas as especies, segundo algúns autores, poden seren conespecíficas, porque, aínda que a segunda ten unha área de distribución moito máis restrinxida, nalgunhas partes coiciden, e prodúcense fenómenos de hibridación.[4]