Pfizer
From Wikipedia, the free encyclopedia
Pfizer, Inc. (/ˈfaɪzər/) (NYSE: PFE) é unha compañía farmacéutica estadounidense que, despois de varias fusións levadas a cabo con Pharmacia and Upjohn e Parke Davis, é o laboratorio líder mundial no sector farmacéutico. A sociedade ten a súa sede en Nova York.[1]
Pfizer, Inc. | |
---|---|
Traballando xuntos por un mundo máis saudable | |
Entrada á sede mundial de Pfizer en Nova York. | |
Tipo | Capital aberto |
Fundación | 1849 |
Matriz | Internacional |
Localización | Nova York, Estados Unidos |
Fundador | Charles Pfizer e Charles Erhart |
Persoas clave | Albert Bourla (presidente e CEO) |
Industria | Industria farmacéutica |
Produtos | Accupril Lipitor Viagra |
Facturación | US $51 750 000 000 (2019) |
Beneficio operativo | US $167 489 000 000 (2019) |
Beneficio neto | US$16 273 000 000 (2019) |
Número de empregados | 92400 e 88300 |
Na rede | |
https://www.pfizer.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pfizer dedícase ao desenvolvemento e fabricación de produtos de atención médica e vacinas. Opera a través dos segmentos Pfizer Innovative Health (enfocado no desenvolvemento e comercialización de medicamentos e vacinas para medicamento interno, oncoloxía, inflamación e inmunoloxía e atención médica ao consumidor) e Pfizer Essential Health (involucrado no desenvolvemento e subministración de xenéricos de marca, produtos inxectables estériles xenéricos, biosimilares e produtos de marca seleccionados, incluídos os anti-infecciosos).[2]
A empresa foi fundada en 1849 polos curmáns Charles Pfizer e Charles F. Erhart, inmigrantes alemáns, instalados en Brooklyn, Nova York. O seu primeiro produto foi a santonina, un tratamento para combater certo tipo de parasito da familia das lombrigas.[3] Grazas ao éxito no mercado farmacéutico da santonina, permitiu que en menos de dez anos Pfizer producise outros produtos químicos e preparacións médicas, destacando: o bórax, o alcanfor e o iodo.
En 1880 comeza a fabricar ácido cítrico, que se converte no seu produto máis importante. En 1942 Pfizer é o primeiro en producir penicilina a escala industrial e en 1950 a terramicina é o primeiro produto que chega ao público baixo o nome de Pfizer. En 1998 lanza ao mercado o Viagra.[3]
Pfizer atópase no medio dunha reorganización desde que anunciou no verán de 2018 que dividiría o seu negocio en tres partes, unha das cales (a súa división de saúde do consumidor) planea fusionarse nunha empresa conxunta con GlaxoSmithKline.[4] Ese mesmo ano, a empresa tivo uns beneficios netos de US$11 153 millóns, case a metade do rexistrado no exercicio anterior, cando gañou US$21 308 millóns, debido en parte á perda da patente do Viagra, que xa compite cos xenéricos nos Estados Unidos.[5]