Pobo casaco
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os casacos (en casaco: қазақ, قازاق, қазақтар) son un pobo turco que habita na parte sur de Europa Oriental, nos Montes Urais e nas partes norte de Asia Central (principalmente Casaquistán, pero tamén en partes de Uzbekistán, República Popular da China, Rusia e Mongolia). A identidade casaca é de orixe medieval e está fortemente construída a partir da fundación do Khanato Casaco entre 1456 e 1465, cando varias tribos baixo o goberno dos sultáns Zhanibek e Kerey marcharon do khanato de Abu'l-Khayr Khan.
Pobo casaco | |
---|---|
Home casaco co traxe tradicional. | |
Poboación | |
Poboación total: Total: c 15 000 000 | |
Rexións principais: | |
Casaquistán | 11 244 547 (2014)[1] |
China | 1 500 000[2] |
Uzbekistán | 800 000 |
Rusia | 647 732[3] |
Afganistán | 440 000 |
Mongolia | 201 526[4] |
Kirguizistán | 33 200[5] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua casaca |
Relixión | Predominantemente sunnís, minoría tengrista,[3][6][7][8][9] e cristianismo |
Grupos relacionados | Kirguiz, karakalpak, nogai Outros pobos turcos Mongois |
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Os casacos son descendentes dos turcos e de tribos mongois medievais – argyn, dughlat, naiman, jalair, xázaros, qarluq; os Kipchak e os cumanos,[10][11] e outras tribos como os hunos, e antigos pobos iranianos como os sármatas, saka e escitas que poboaban o territorio entre Siberia e o Mar Negro e que quedaron en Asia Central cando os grupos nómades empezaron a invadir e conquistar a área entre os séculos V e XIII.[12][13][14][15]
Os casacos foron un dos pobos que máis seriamente se viron afectados pola Fame soviética de 1932-1933, morrendo un 37% da poboación total.[16]