Pobo malaiali
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os malaiali (en malayalam: മലയാളി e കേരളീയൻ) son un grupo étnico da India orixinario do actual estado de Kerala, que se atopa no sur do país.[8] Falan a lingua malayalam, que está clasificada como parte da familia lingüística dravídica.
Pobo malaiali | |
---|---|
Familia malaiali en Kerala (1902). | |
Poboación | |
Poboación total: 38 millóns[1] | |
Rexións principais: | |
India | 33 066 392[2] |
Emiratos Árabes Unidos | 914 000[3] |
Arabia Saudita | 595 000[3] |
Omán | 195 300[4] |
Malaisia | 172 000 |
Qatar | 148 427[4] |
Kuwait | 127 782[4] |
Bahrain | 101 556[4] |
Estados Unidos | 78 357 |
Israel | 46 600[5][6] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua malayalam |
Relixión | Hinduísmo – 54,73%[7] Islam – 26,56%[7] |
Grupos relacionados | Pobo támil, pobo tulu e pobo kodava |
Este artigo amosa escritos malayalam. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Segundo o censo da India de 2011, hai arredor de 33 millóns de malaialis en Kerala,[9] o cal supón o 96,7% da poboación total do estado. Tamén existen minorías malaiali no estado veciño de Tamil Nadu, e en áreas metropolitanas da India. Por mor da emigración, ó longo do século XX xurdiron comunidades malaiali nos países do golfo Pérsico, incluíndo os Emiratos Árabes Unidos, Arabia Saudita, Omán, Qatar e Kuwait, e en menor grao, noutros países como os Estados Unidos de América, o Reino Unido, Australia e o Canadá. No ano 2013, estimouse que 1,6 millóns de malaialis vivían fóra da India en todo o mundo.[10]