Pohnpei
From Wikipedia, the free encyclopedia
Pohnpei "altar de pedra" (anteriormente coñecida como Ponape) é o nome dunha illa das Illas Senyavin, que forman parte do grupo máis grande das Illas Carolinas. Pertence ao Estado de Pohnpei, un dos catro estado dos Estados Federados de Micronesia (FSM). Os principais centros de poboación en Pohnpei inclúen Palikir, a capital federal dos FSM, e Kolonia, a capital do Estado de Pohnpei. A illa de Pohnpei é a máis grande (334 km²), a máis alta (case 800 metros), con maior poboación (36.000 habitantes), e a illa máis desenvolvida nos FSM. Os insulares de Pohnpei teñen a reputación de ser o máis acolledores cos estranxeiros entre os residentes do grupo de illas.
Pohnpei | |
---|---|
Fawo ni pei | |
Situación | |
País | Estados Federados de Micronesia |
Arquipélago | Illas Senyavin, Illas Carolinas |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 6°51′N 158°13′L |
Xeografía | |
Superficie | 371´6 km² |
Punto máis alto | 782 m. (Monte Nanlaud) |
Demografía | |
Capital | Palikir |
Poboación | 36.196 hab. (2010) |
Xentilicio | Ponapeño |
Pohnpei contén unha gran cantidade de biodiversidade. Tamén é un dos lugares máis húmidos na terra con precipitacións anuais superiores aos 7.600 mm rexistrados cada ano en certos lugares montañosos. É o fogar da árbore ka (Terminalia carolinensis) atópase só en Pohnpei e Kosrae.[1]