Porto Novo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Porto Novo,[1] Porto-Novo[2][3] ou Portonovo,[4] oficialmente Porto-Novo e tamén coñecido como Hogbonou e Adjacé, é a capital oficial da Benín. É un porto sito nun entrante do golfo da Guinea, na parte suroriental do país. Porto Novo é a segunda cidade máis grande de Benín, detrás de Cotonou, porén supéraa en importancia cultural e política. O transpaís de Porto Novo produce aceite de palma, algodón e kapok. Nos anos 1990 foi descuberto petróleo en augas fóra da costa, produto que se converteu nun importante motor das exportacións.
Datos rápidos Localización, Capital de ...
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Benín | |||
Departamento | Oueme (pt) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 264.320 (2013) (5.083,08 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 52 km² | |||
Altitude | 38 m | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Organización política | ||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2017–) | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Candidato a Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 31 de outubro de 1996 | |||
Identificador | 871 | |||
Páxina web | villedeportonovo.com | |||
Pechar