Poética (Aristóteles)
obra de Aristóteles / From Wikipedia, the free encyclopedia
Poética (grego antigo: Περὶ ποιητικῆς, Perì poiêtikês; literalmente "Da poética") é unha obra de Aristóteles sobre as normas que rexen a creación artística. Foi escrita no século IV a.C., entre a fundación da súa escola en Atenas o 335 a.C. e a súa marcha definitiva da cidade no 323 a.C., un ano antes do seu pasamento. A obra consta de dúas partes, unha centrada na traxedia e outra, hoxe perdida, na comedia. É o traballo de teórica dramática máis antigo que se conserva e o primeiro tratado filosófico sobre teoría literaria.[1]
Datos rápidos Poética, Título orixinal ...
Poética | |
---|---|
Portada dunha edición de 1780 | |
Título orixinal | Περὶ Ποιητικῆς |
Autor/a | Aristóteles |
Lingua | Grego antigo |
Xénero(s) | Filosofía |
Data de pub. | Século IV a.C. |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
A súa tradución ao galego, realizada por Fernando González-Múñoz, publicouse pola Universidade da Coruña no ano 2007.[2]