República do Banato
From Wikipedia, the free encyclopedia
A República do Banato ( en romanés Republica Bănăţeană, en alemán Banater Republik, en serbio Banatska republika / Банатска република, en húngaro Bánáti Köztársaság) foi un efémero estado proclamado en Timişoara o 1 de novembro de 1918, o día despois da disolución do Imperio Austro-Húngaro. Recoñecida só por Hungría, a República foi invadida polo exército da veciña Serbia o 15 de novembro. O ano seguinte, o seu territorio foi dividido, nun principio, entre o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos e o Reino de Romanía.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Banato.
Datos rápidos Localización, Capital ...
Republica Bănăţeană (ro) Banater Republik (de) Banatska republika/Банатска република (sr) Bánáti Köztársaság (hu) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital | Timișoara | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Datos históricos | ||||
Creación | 1 de novembro de 1918 | |||
Disolución | 15 de novembro de 1918 | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | república | |||
Pechar