Río Congo
o maior río da África central / From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Congo (no pasado tamén coñecido como río Zaire) é o río máis grande da África central. Cos seus 4 380 km é o segundo río máis longo de África, só superado polo Nilo, de tormarmos o río Chambeshi como orixe entón a lonxitude aumenta ata os 4.700 km. O río e os seus afluentes percorren o segundo bosque tropical máis importante do mundo, logo do Amazonas. No río atópanse máis de 4 000 illas.
Río Congo (Lualaba, Zaire)[1] | |
---|---|
País | Angola, Burundi, Camerún, República Centroafricana, República Democrática do Congo, Gabón, República do Congo, Ruanda, Tanzania, Zambia |
Nacemento | Kundelengu, sur de Shaba |
Lonxitude | 4 700 km |
Conca | 3 700 000 km² |
Caudal medio | 41 800 m³/s |
Desembocadura | Océano Atlántico |
Mapa do río Congo e afluentes principais | |
O río dá nome a dous estados, a República Democrática do Congo e a República do Congo e ao antigo reino do Congo. Entre 1971 e 1997 o goberno do entón Zaire deulle o nome de río Zaire.
As fontes do Congo están nas zonas altas e montañas do Gran Val do Rift, así como nos lagos Tanganica e Mweru.
A foz do Congo visitouna por primeira vez o nevegante e explorador portugués Diogo Cão en 1482,[2] remontando o seu curso até ás fervenzas de Ielala, preto da actual cidade de Matadi. A palabra Matadi significa "pedra" en lingua kikongo. A cidade está construída sobre empinados outeiros. Río arriba hai unha serie de covas, chamadas "rocha de Diogo Cão", nas que hai inscricións feitas polo explorador portugués en 1485 para marcar o límite da súa viaxe remontando o río.
No ano 1816 unha expedición británica chegou ata Isangila. Henry Morton Stanley foi o primeiro europeo en navegar o río en toda a súa extensión e en informar que o Lualaba non era a orixe do Nilo como el suxerira.
Case a totalidade do Congo é navegable (agás 250 km), e en unión dos camiños de ferro, boa parte do comercio de África central pasa ao longo del.