Río Vermello do Norte
From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Vermello ou río Vermello do Norte (en inglés Red River ou Red River of the North) é un río de América do Norte, do centro-norte dos Estados Unidos e do centro do Canadá.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Río Vermello.
Nace na confluencia dos ríos Bois de Sioux e Otter Tail entre os estados de Minnesota e Dakota do Norte, e discorre cara ao norte formando a maior parte da fronteira de Minnesota e Dakota do Norte e continúa até a provincia de Manitoba, no Canadá.
Ten 885 km de lonxitude,[1][2] dos que uns 635 flúe polos Estados Unidos e 255 polo Canadá.[3]
Drena unha gran conca hidrográfica de 287 499 km².[4]
Desemboca no lago Winnipeg, cuxas augas se unen ao río Nelson e finalmente desembocan na baía de Hudson.