Selección de rugby de Francia
selección de rugby a 15 de Francia / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Selección de rugby de Francia representa a Francia en rugby. Compiten anualmente contra Escocia, Gales, Inglaterra, Irlanda e Wales no Torneo das Seis Nacións, gañando este torneo en catorce ocasións de pleno dereito, oito compartíndoo e completando oito Grand Slams.
Francia | |||
---|---|---|---|
Alcume(s) | Les Bleus | ||
Emblema | Galo | ||
Unión | Fédération Française de Rugby | ||
Adestrador | Fabien Galthié | ||
Capitán | Antoine Dupont | ||
Mais caps | Fabien Pelous (118) | ||
Máis ensaios | Serge Blanco (38) | ||
Estadio | Stade de France (80 698) | ||
| |||
Ranking World Rugby | |||
Actual | 7 (2 de decembro de 2019) | ||
Máximo | 2 (2007) | ||
Mínimo | 10 (2018) | ||
Estrea internacional | |||
Francia 8−38 Nova Zelandia París, Francia; 1 de xaneiro de 1906 | |||
Maior vitoria | |||
Francia 87−10 Namibia Tolosa, Francia; 16 de setembro de 2007 | |||
Maior derrota | |||
Nova Zelandia 61−10 Francia Wellington, Nova Zelandia; 9 de xuño de 2007 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 7 (primeira en 1987) | ||
Mellor resultado | 2º (1987, 2003, 2011) |
Francia está considerada como unha das grandes potencias potencias do rubgy europeo, e están actualmente no oitavo posto da listaxe mundial de seleccións da IRB[1]. Seis antigos xogadores franceses foron incluídos no Salón da Fama Internacional do Rugby (IRHOF), sendo un deles, Philippe Sella, tamén incluído no IRB Hall of Fame.
O rugby foi introducido en Francia en 1872 polos británicos en 1872 xogando, máis de trinta anos despois en 1906, a selección francesa o seu primeiro partido. Foi un día de aninovo en París contra Nova Zelandia nun partido amigábel. O Bleus, como son popularmente coñecidos, xogaron esporadicamente contra os equipos das Home Nations até que en 1910 pasaron a formar parte do torneo das Cinco Nacións (o hoxe coñecido coma torneo das Seis Nacións). Os galos tamén comezaron a competir noutras competicións internacionais dende os seus primeiros anos, coma nos Xogos Olímpicos, conseguindo a medalla de ouro no ano 1900 en París e dúas medallas de prata respectivamente en 1920 (en Antuerpen) e en 1924 (de novo en París). En 1959 gañaron o seu primeiro Cinco Nacións de pleno dereito, gañando o seu primeiro Grand Slam no ve anos despois, en 1968. Dende a primeira Copa do Mundo de Rugby de 1987, Francia cualificouse para tódalas fases finais do torneo, chegando dúas veces até a final, perdendo contras os All Blacks en 1987 e contra Australia en 1999. Francia acolleu ademais o Mundial de 2007, onde, como en 2003, foron derrotados en semifinais contra Inglaterra.
Francia xoga tradicionalmente con camisola azul, pantalóns brancos é medias vermellas, e son coñecidos popularmente coma les tricolores ou les bleus. Porén, actualmente o seu equipamento é un conxunto totalmente azul mariño de Nike, estreado en 2007 para a Copa do Mundo. O emblema dos franceses é o Galo Dourado con crista vermella. O equipamento suplente é totalmente branco. Os partidos internacionais de rugby do XV de Francia adóitanse xogar por toda a xeografía gala, pero o súa sede máis habitual é o Stade de France no suburbio parisiense de Saint-Denis, utilizado nos partidos do Seis Nacións. É preciso subliñar que xogando no Stade Vélodrome de Marsella a selección só perdeu un partido na súa historia, en 2004 contra Arxentina.