Torneo das Seis Nacións
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Torneo das Seis Nacións (coñecido como RBS 6 Nations por motivos de patrocinio), coñecido antes do ano 2000 como o Cinco Nacións, é unha competición anual de rugby entre seis seleccións europeas: Escocia, Francia, Gales, Inglaterra, Irlanda, Italia.
Torneo das Seis Nacións | |
---|---|
Fundación | 1882 |
Rexión | Escocia Francia Gales Inglaterra Irlanda Italia |
Equipos | 6 |
Actual campión | Inglaterra (38º título) |
Máis laureado | Inglaterra (38 títulos) |
Sitio web | rbs6nations.com |
Seis Nacións 2020 |
O Six Nations Championship, cos seus predecesores o Cinco Nacións e o Campionato das Home Nations, e o primeiro torneo internacional de rugby no Hemisferio Norte. Os campións do Seis Nacións son vistos tamén coma os Campións de Europa[1]. O evento está patrocinado actualmente polo RBS, o Royal Bank of Scotland (Banco Real de Escocia).
Irlanda é o equipo que ostenta o título do Grand Slam, recoñecido oficialmente por primeira vez dende 1948, tras gañar a competición de 2009 gañando a tódalas outras selección, sendo ademais os gañadores da Tripla Coroa tras vencer a Escocia, Gales e Inglaterra (os catro equipos das Illas Británicas).
Existe á parte do masculino o torneo das Seis Nacións feminino e unha versión Xuvenil, para menores de 20 anos. Cabe resaltar que cando o nome do torneo non está acompañado por ningunha outra sinalización refírese ao torneo orixinal masculino. Nestes outros dous torneos participan os mesmos seis países que no de homes.