Serena Williams
tenista estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Serena Jameka Williams, nada o 26 de setembro de 1981 en Saginaw, Míchigan, é unha tenista estadounidense. A Women's Tennis Association situouna no número 1 da clasificación en dez ocasións diferentes. Converteuse en número un por primeira vez o 8 de xullo de 2002, e conseguiu este posto por décima vez o 24 de abril de 2017, sumando ata o de agora 319 semanas como número un da WTA.[1] É a única xogadora feminina en gañar máis de 40 millóns de dólares en premios.[2] É a irmá máis nova da tamén tenista e ex número un mundial Venus Williams.
Ten gañados mais de setenta torneos da WTA entre os que destacan os seus 23 Grand Slams en individuais, ademais gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Londres en individuais e xunto a súa irmá os dobres en Pequín, Londres e Río.
Pouco despois de gañar o seu sétimo US Open en 2017 anuncia o seu embarazo e o seu afastamento temporal da alta competición[3]. O 1 de setembro de 2017 foi nai dunha nena e expresou a súa intención de retornar á competición a principios do 2018 para estár preparada para o Open de Australia de 2018[4].