Stone Temple Pilots
banda norteamericana de rock alternativo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Stone Temple Pilots (tamén coñecida como STP) é unha banda norteamericana de rock alternativo formada en San Diego (California) no ano 1986. Está composta por Robert DeLeo (baixo), Dean DeLeo (guitarra), Eric Kretz (batería) e Chester Bennington (voz). Durante o ano 2003 a banda separouse. Anteriormente estivo liderada polo vocalista Scott Weiland, pero este sería despedido no ano 2013.
Stone Temple Pilots | |
---|---|
Orixe | San Diego (California), Estados Unidos |
Período | 1986 - 2003 2008 - actualidade |
Xénero(s) | rock alternativo, hard rock, grunge |
Selo(s) discográfico(s) | Atlantic Records |
Membros | Dean DeLeo Robert DeLeo Eric Kretz Chester Bennington |
Antigos membros | Scott Weiland Jeff Gutt |
Na rede | |
stonetemplepilots.com | |
Despois de que Weiland fose durante 5 anos o líder de Velvet Revolver e de que os irmáns DeLeo traballasen no proxecto Army of Anyone, e a principios de 2008 a banda anunciou a súa volta coa formación orixinal. En maio do ano 2010 a banda editou o seu sexto álbum de estudio, Stone Temple Pilots.
O día 27 de febreiro do 2013 a banda publicou un comunicado anunciando que Scott Weiland "rematara" coa banda.[1] No mes de maio anunciábase que o seu substituto era Chester Bennington, vocalista de Linkin Park.[2]