Ueli Maurer
político suízo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ueli Maurer, nado o 1 de decembro de 1950 en Wetzikon, é un político suízo membro do Consello federal suízo dende 2009, e actual Presidente da Confederación Suíza para 2019. É tamén o actual xefe do Departamento Federal de Finanzas dende 2016.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
Ocupou o cargo de presidente tamén en 2013 e foi xefe do Departamento Federal de Defensa, Protección Civil e de Deportes de Suíza de 2009 a 2015. O seu partido político é a Unión Democrática do Centro.