Vivienne Westwood
From Wikipedia, the free encyclopedia
Dame Vivienne Isabel Westwood, de solteira Swire, nada en Tinwistle (entón en Cheshire) o 8 de abril de 1941 e finada en Londres o 29 de decembro de 2022,[1] foi unha deseñadora de moda e empresaria inglesa, considerada como a principal responsable da estética asociada co punk e o New Wave, que levou ao gran público.[2]
Westwood comezou a ser coñecida cando creou deseños para a tenda de Malcolm McLaren en King's Road, que posteriormente se coñeceu como "SEX". Foi a súa habilidade para sintetizar roupa e música o que modelou a escena punk británica dos setenta, dominada polo grupo de McLaren, os Sex Pistols. Foi inspirada pola frase do punk, "ver se alguén podía poñer un raio no sistema".[3]
Westwood abriu outras catro tendas en Londres e finalmente expandiu o negocio por todo o Reino Unido e o resto do mundo, vendendo unha gran variedade de mercadorías, algunhas delas ligadas ás súas numerosas causas políticas, como a campaña polo desarme nuclear, o cambio climático e os grupos polos dereitos civís.