Xudaísmo reformista
From Wikipedia, the free encyclopedia
O xudaísmo reformista (hebreo: יהדות רפורמית, tamén chamado "progresista" e "progresivo") é unha das tres grandes correntes relixiosas do xudaísmo na actualidade, de orixes asquenacís, xunto co xudaísmo conservador ou tamén chamado masortí e o xudaísmo ortodoxo. Das tres ramas, o reformismo ten maior antigüidade. O xudaísmo reformista defende a autonomía individual e ten relación coa interpretación dos preceptos relixiosos (do hebreo: מצוות / mitzvot).[1]
Este artigo amosa escritos hebraicos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |