Xurxo II de Gran Bretaña
rei de Gran Bretaña e de Irlanda / From Wikipedia, the free encyclopedia
Xurxo II de Gran Bretaña e Hannover (en alemán Georg Augustus von Hannover), nado no Schloss Herrenhausen, en Hannover, o 10 de novembro de 1683 e finado no castelo de Kensington o 25 de outubro de 1760, foi rei de Gran Bretaña e de Irlanda, duque de Brünswick-Luneburgo (en Hannover) e Príncipe elector do Sacro Imperio Romano Xermánico desde o 11 de xuño de 1727 ata a súa morte. Foi o segundo soberano da Casa de Hannover e o último monarca británico que dirixiu persoalmente as súas tropas nunha batalla (en Dettingen en 1743). Así mesmo, foi o último soberano inglés en nacer fóra de Gran Bretaña.
Xurxo II foi famoso polos seus múltiples conflitos co seu pai e posteriormente co seu fillo (algo moi común entre os soberanos da casa de Hannover). As súas relacións coa súa muller foron moito mellores, a pesar das numerosas amantes que tivo. Xurxo II exerceu pouco control sobre a política durante o principio do seu reinado, o goberno estaba dirixido polo primeiro (non-oficial) "Primeiro Ministro" Sir Robert Walpole.