Ámsterdam
capital e cidade dos Países Baixos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ámsterdam[1][2] ou Ámsterdan[3][4] (en neerlandés: Amsterdam, [ˌɑmstərˈdɑm] (AFI), escoitar) é a capital e cidade máis grande dos Países Baixos, situada na provincia de Holanda Setentrional no oeste do país. A cidade ten unha poboación de 760.000 habitantes, un millón e medio se se conta a súa área metropolitana. Ademais a cidade forma parte do Randstad (xunto coas cidades de Rotterdam e A Haia), a sexta das conurbanizacións máis grandes de Europa, cunha poboación de ao redor de 6,7 millóns de habitantes.
Amsterdam (nl) | |||||||||
Lema | «Heldhaftig, Vastberaden, Barmhartig (en) » | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alcume | Mokum, מָקוֹם א, Damsko, A'dam, Venetië van het Noorden, Venice of the north e Damsko | ||||||||
Nomeado en referencia a | Río Amstel | ||||||||
Localización | |||||||||
| |||||||||
Estado | Reino dos Países Baixos | ||||||||
País | Países Baixos | ||||||||
Provincias | Holanda Setentrional | ||||||||
Concello | Ámsterdam | ||||||||
Capital de | Reino dos Países Baixos (1839–) | ||||||||
Canle | |||||||||
Ponte | 1.281 | ||||||||
Poboación | |||||||||
Poboación | 921.468 (2023) (4.207,62 hab./km²) | ||||||||
Xeografía | |||||||||
Parte de | |||||||||
Superficie | 219 km² | ||||||||
Auga | 24,23 % | ||||||||
Bañado por | Río Amstel, Río IJ e IJmeer (en) | ||||||||
Altitude | −2 m | ||||||||
Datos históricos | |||||||||
Creación | 1300 (Gregoriano) | ||||||||
Evento clave
| |||||||||
Organización política | |||||||||
• Alcaldesa | Femke Halsema (2018–) | ||||||||
Membro de | |||||||||
Identificador descritivo | |||||||||
Código postal | 1000–1098 e 1100–1109 | ||||||||
Fuso horario | |||||||||
Prefixo telefónico | 20 | ||||||||
Código BAG | 3594 | ||||||||
Outro | |||||||||
Irmandado con | |||||||||
Páxina web | amsterdam.nl | ||||||||
O seu nome deriva de Amstel Dam, indicativo da orixe da cidade: unha presa (dam) no río Amstel, que se atopaba no que hoxe é a praza Dam. Asentada como unha pequena aldea de pescadores no século XII, Ámsterdan chegou a ser un dos portos máis importantes do mundo no século XVII, durante a Idade de Ouro Neerlandesa, como resultado dos seus innovadores desenvolvementos no campo do comercio. O centro histórico da cidade foi construído en gran parte durante esta época e é hoxe en día un dos centros históricos máis grandes de Europa. Naquela época construíronse unha serie de canles semicirculares ao redor do casco antigo xa existente da cidade. É coñecida coloquialmente como a "Venecia do norte".
A cidade é a capital financeira e cultural dos Países Baixos. Moitas das máis grandes institucións neerlandesas teñen aquí a súa sede, estando entre elas 7 das 500 compañías máis importantes do mundo, como Philips ou ING. As súas históricas canles, o Rijksmuseum, o Museo van Gogh, a casa de Anne Frank, o seu barrio vermello e os seus numerosos coffee-shops, son as principais atraccións de Ámsterdan, que atraen a 4,2 millóns de turistas cada ano.[5]