A arte da guerra
tratado militar escrito durante o século IV adC polo estratego coñecido como Sun Tzu / From Wikipedia, the free encyclopedia
A arte da guerra (chinés: 孫子兵法; chinés simplificado: 孙子兵法; pinyin: Sūnzi bīngfǎ, literalmente "Estratexia Militar do mestre Sun") é un antigo libro chinés que trata sobre tácticas e estratexias militares. É a obra do pensador chinés Sun Tzu (544 aC - 496 aC). Crese que foi compilado a finais do Período de Primavera e Outono ou a principios do Período dos Reinos Combatentes, presúmese pois, que foi escrito cara ó ano 500 antes da nosa era, representando así o tratado militar máis antigo que se coñece.[1]
A arte da guerra | |
---|---|
A arte da guerra nun libro de bambú da época do reino do Emperador Qianlong, século XVIII. | |
Título orixinal | 孫子兵法 |
Autor/a | Sun Tzu |
Orixe | China |
Lingua | chinés |
Tema(s) | estratexia de guerra |
Xénero(s) | economía, tratado e treatise on war |
Editorial | Teófilo Edicións |
Data de pub. | século IV adC en chinés 2013 en galego |
ISBN | 978-84-940757-6-6 |
Tradución | Xulio Ríos |
[ editar datos en Wikidata ] |
O texto componse de 13 capítulos, cada un dos cales está dedicado a un aspecto da guerra. Coñécese comunmente como a obra definitiva sobre estratexia militar e táctica do seu tempo. Foi o máis famoso e influente dos Sete Clásicos Militares da China, e: "Durante os últimos dous mil anos segue sendo o tratado militar máis importante en Asia, onde mesmo a xente do pobo o coñecía polo seu nome."[2] Foi e segue sendo estudado por todos aqueles estrategas militares que dirixiron exércitos e aínda é a miúdo utilizado na actualidade debido ó feito que as súas ensinanzas poden ser aplicadas noutras moitas áreas máis aló dos conflitos armados.
O libro foi traducido por primeira vez ó francés en 1772 polo xesuíta Jean Joseph Marie Amiot e unha tradución parcial ó inglés foi tentada polo oficial británico Everard Ferguson Calthrop en 1905. A primeira tradución inglesa foi completada e publicada por Lionel Giles en 1910.
A obra foi publicada en galego no 2013 por Teófilo Edicións, con tradución de Xulio Ríos.[3]