A dama das camelias
novela de Alenxadre Dumas (fillo) / From Wikipedia, the free encyclopedia
A dama das camelias[1] (en francés: La Dame aux camélias) é unha novela escrita por Alexandre Dumas (fillo) publicada por primeira vez en 1848. Esta obra está inspirada nun feito real da vida de Alexandre relativo a un romance, que tivo lugar en 1847 segundo o propio autor, con Marie Duplessis, moza cortesá de París que mantivo distintas relacións con grandes personaxes da vida social. A novela pertence ó movemento literario que se coñecería como realismo, sendo unha das primeiras que formarían parte da transición do romanticismo.
A dama das camelias | |
---|---|
Portada da edición de 1885, debuxada por Albert Lynch. | |
Título orixinal | La Dame aux camélias |
Autor/a | Alexandre Dumas (fillo) |
Orixe | Francia |
Lingua | Francés |
Colección | Biblioteca Galega de Clásicos Universais |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Editorial Toxosoutos |
Data de pub. | 1848 2005 |
Páxinas | 234 (gl) |
ISBN | ISBN 84-96259-46-3 |
Tradución | Antonia Vega Prieto |
[ editar datos en Wikidata ] |
A ópera La traviata (A extraviada), do compositor italiano Giuseppe Verdi, baseouse nesta novela cuxo personaxe principal, a cortesá, leva o nome da protagonista. Noutras adaptacións, esta historia tamén é coñecida co título de Camille.
Foi traducida ó galego por Antonia Vega Prieto e publicada pola Editorial Toxosoutos no ano 2005.[1] Ese mesmo ano, foi publicada de novo cunha tradución de Vega Prieto dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.[2]