A sementeira
cantiga popular galega / From Wikipedia, the free encyclopedia
A sementeira é unha cantiga popular galega. A canción fíxose popular coa versión (Sementeira) que fixo a banda Fuxan os Ventos, publicada en 1978 no seu álbum homónimo, con texto escrito por Luís Álvarez Pousa e música de Xosé Luís Rivas Cruz[1][2]. A canción converteuse nun dos símbolos culturais de Galicia e particularmente representativa dunha xeración nos anos 1970.