Aeroporto Indira Gandhi
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto internacional Indira Gandhi (IATA: DEL, OACI: VIDP) é un aeroporto indio que serve á cidade de Delhi. Está situado en Palam, a 15 quilómetros da estación de trens de Nova Deli e a 16 do centro da cidade.[1] Bautizado na honra de Indira Gāndhi, antiga Primeira Ministra da India, é o aeroporto máis concorrido do país en número de pasaxeiros dende o ano 2009.[2] Tamén é o máis concorrido da India en termos de carga, ao superar ao aeroporto de Bombai a finais do ano 2015. En 2016 foi o 21º máis concorrido do mundo e o 10º de Asia en termos de pasaxe, cuns 55 millóns de pasaxeiros.
Aeroporto Indira Gandhi | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | Airports Authority of India | ||
Operador | Delhi International Airport Private Limited | ||
Cidade/Illa | Delhi | ||
Localización | Palam | ||
Elevación (msnm) | 237 metros / 777 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | https://www.newdelhiairport.in | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
09/27 | 2 813 | 9 229 | asfalto |
10/28 | 3 810 | 12 500 | asfalto |
11/29 | 4 430 | 14 534 | asfalto |
Estatísticas (Abril 2016 - abril 2017) | |||
Pasaxeiros | 57 703 096 | ||
Co inicio das operacións na súa Terminal 3 no ano 2010 converteuse no centro de conexións aéra máis grande da India e de todo o sur de Asia, cunha capacidade actual para máis de 40 millóns de pasaxeiros anuais. O programa de expansión planeado aumentará a capacidade do aeroporto ata poder manexar 100 millóns de pasaxeiros no ano 2030.[3]
O aeroporto foi operado pola Forza Aérea da India antes de que a súa dirección fose transferida á Autoridade Aeroportuaria da India.[4] En maio de 2006 a dirección pasou ás mans de Delhi International Airport Limited (DIAL), un consorcio liderado polo GMR Group.[5]