Aeroporto de Gran Canaria
aeroporto en Gran Canaria / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Aeroporto de Gran Canaria (IATA: LPA, OACI: GCLP) é un aeroporto español da rede de AENA situado na illa de Gran Canaria, na baía de Gando, ocupando superficie dos municipios de Ingenio e Telde. O aeroporto forma parte do aeródromo de utilización conxunta Gran Canaria/Gando xunto coa base aérea do Exército do Aire de Gando.
Aeroporto de Gran Canaria Aeropuerto de Gran Canaria | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | Público | ||
Operador | AENA | ||
Cidade/Illa | Gran Canaria | ||
Localización | Ingenio e Telde | ||
Elevación (msnm) | 24 metros / 78 pés | ||
Web | Páxina oficial | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
03L/21R | 3 100 | 10 200 | formigón asfáltico |
03R/21L | 3 100 | 10 200 | formigón asfáltico |
Estatísticas (2017) | |||
Pasaxeiros | 13 092 117 | ||
Operacións | 118 554 | ||
Carga (tons) | 18 045 | ||
Fonte: AENA[1] |
Ocupa o quinto lugar na rede aeroportuaria española por número de pasaxeiros, tralos aeroportos de Madrid-Barajas, Barcelona, Palma e Málaga. Está igualmente entre os 25 máis importantes de Europa e entre os 100 primeiros do mundo. Tamén nas proximidades do Aeroporto de Gran Canaria atópase o Centro de Control de Tránsito Aéreo das Canarias.
O aeroporto está situado a 18 km da capital da illa, As Palmas de Gran Canaria, e a 25 km dos centros turísticos.