Aeroporto de Norwich
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto de Norwich (IATA: NWI, OACI: EGSH) é un aeroporto internacional menor inglés en Hellesdon, Norfolk, a 5,2 quilómetros ao norte de Norwich. No ano 2017 foi o 26º aeroporto máis concorrido do Reino Unido e o máis concorrido da rexión de Anglia Oriental con 533 663 pasaxeiros.[1]
Aeroporto de Norwich Norwich Airport | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | Regional & City Airports | ||
Operador | Norwich Airport Limited | ||
Cidade/Illa | Norwich | ||
Elevación (msnm) | 36 metros / 117 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | https://www.norwichairport.co.uk/ | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
09/27 | asfalto/formigón | ||
Estatísticas (2017) | |||
Pasaxeiros | 533 663[1] | ||
Xunto cunha longa historia de voos cara Ámsterdam-Schiphol con KLM Cityhopper, o aeroporto ofrece voos a varios destinos no Reino Unido e Europa. Ademais das operacións regulares, Norwich tamén opera voos chárter. Bristow Helicopters, DanCopter e Babcock Mission Critical Services Offshore transporta persoal ás plataformas de gas do mar do Norte e SaxonAir opera servizos con avións executivos e voos chárter con helicópteros.
O aeroporto instalouse no mesmo lugar que unha antiga base da Royal Air Force a comezos dos 70 baixo a propiedade das autoridades locais. Posteriormente foi vendido a mans privadas.