Aeroporto de Singapur
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto internacional de Singapur Changi (IATA: SIN, OACI: WSSS), ou sinxelamente aeroporto de Changi, é o principal aeroporto civil de Singapur e un dos centros de conexión máis grandes do Sueste Asiático. É considerado o mellor aeroporto do mundo por Skytrax,[1] obtendo esa distinción por quinto ano consecutivo dende 2013[2] e é un dos aeroportos máis concorridos do mundo en termos de pasaxeiros internacionais e carga. Está situado en Changi, no límite leste de Singapur, a uns 17 quilómetros do centro da cidade. Está operado polo Changi Airport Group e é a principal base de Singapore Airlines, Singapore Airlines Cargo, SilkAir, Scoot, Jetstar Asia Airways e BOC Aviation.
Datos rápidos Lapangan Terbang Changi Singapura, IATA: SIN – ICAO: WSSS ...
Aeroporto de Singapur Lapangan Terbang Changi Singapura | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Propietario | goberno de Singapur | ||
Operador | Changi Airport Group | ||
Cidade/Illa | Singapur | ||
Localización | Changi | ||
Elevación (msnm) | 6,66 metros / 22 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | http://www.changiairport.com/ | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
02L/20R | 4 000 | 13 123 | formigón/asfalto |
02C/20C | 4 000 | 13 123 | formigón/asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 58 698 039 | ||
Pechar