Aeroporto de Xohanesburgo-O.R. Tambo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto internacional de Xohanesburgo-O.R. Tambo (IATA: JNB, OACI: FAOR) é un gran aeroporto internacional situado en Kempton Park, a 22 quilómetros ao leste do centro de Xohanesburgo e a 40 ao sur de Pretoria. É o principal aeroporto de Suráfrica, tanto para voos domésticos como para internacionais, e é o aeroporto máis concorrido de África cunha capacidade para encargarse de 28 millóns de pasaxeiros cada ano.[1] O aeroporto é o centro de conexións para a aeroliña máis grande do país, South African Airways (SAA), e para varias aeroliñas locais máis pequenas. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións máis de 20 millóns de pasaxeiros.[2]
Aeroporto de Xohanesburgo-O.R. Tambo O. R. Tambo International Airport | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | Airports Company South Africa | ||
Cidade/Illa | Xohanesburgo e Pretoria | ||
Localización | Kempton Park | ||
Elevación (msnm) | 1 694 metros / 5 558 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | airports.co.za | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
03L/21R | 4 418 | 14 495 | asfalto |
03R/21L | 3 400 | 11 155 | asfalto |
Estatísticas (abril 2016 - marzo 2017) | |||
Pasaxeiros | 20 692 780 | ||
Orixinalmente foi coñecido como aeroporto internacional Jan Smuts, polo antigo primeiro ministro de Suráfrica Jan Smuts. En 1994 foi renomeado como aeroporto internacional de Xohanesburgo cando o novo goberno do país puxo en funcionamento unha política de non poñer nomes de políticos aos aeroportos. Porén, a política foi eliminada posteriormente e o aeroporto foi rebautizado novamente o 27 de outubro de 2006 na honra de Oliver Reginald Tambo, antigo presidente do Congreso Nacional Africano.[3]