Aeroporto de Zúric
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Aeroporto de Zúric (en alemán: Flughafen Zürich) (IATA: ZRH, OACI: LSZH), tamén coñecido como Aeroporto de Zúric Kloten, é o maior aeroporto internacional de Suíza e o principal hub de Swiss International Air Lines. Serve á cidade de Zúric, a cidade máis grande de Suíza, e, coas súas conexións de transporte terrestre, a gran parte do resto do país. O aeroporto atópase a 13 km ao norte do centro de Zúric, nos concellos de Kloten, Rümlang, Oberglatt, Winkel e Opfikon, os cales están dentro do cantón de Zúric.
Aeroporto de Zúric Flughafen Zürich | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | Público | ||
Propietario | Flughafen Zürich AG | ||
Cidade/Illa | Zúric, Suíza | ||
Localización | Kloten, Rümlang, Oberglatt, Winkel e Opfikon | ||
Elevación (msnm) | 432 metros / 1 416 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | zurich-airport.com | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
10/28 | 2 500 | 8 202 | formigón |
14/32 | 3 300 | 10 827 | formigón |
16/34 | 3 700 | 12 139 | formigón |
1 132 | 3 716 | formigón | |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 27 666 428 | ||
O aeroporto é propiedade de Flughafen Zürich AG, compañía que cotiza no SIX Swiss Exchange. Os principais accionistas son o cantón de Zúric (cun 33,33% máis un das accións) e a cidade de Zúric (cun 5% das accións). Ningún outro accionista ten unha participacións superior ao 3%.[1] Skyguide é o responsable do control de todo o tráfico aéreo en Zúric.