Air India
aeroliña nacional da India / From Wikipedia, the free encyclopedia
Air India é a aeroliña nacional da India.[1] Pertence a Air India Limited, unha empresa estatal, e opera unha frota de avións Airbus e Boeing que serve 90 destinos domésticos e internacionais. A compañía ten o seu centro de conexións no Aeroporto Internacional Indira Gandhi, en Nova Deli, xunto con varias cidades focais ao longo de todo o país. Air India é o maior operador internacional da India, cunha cota de mercado do 18,6%.[2] A compañía serve uns 60 destinos internacionais a catro continentes. Ademais, Air India é a terceira aeroliña doméstica do país en número de pasaxeiros transportados (tras IndiGo e Jet Airways), cunha cota de mercado do 13.5% en xullo de 2017. A aeroliña converteuse en membro da alianza Star Alliance o 11 de xullo de 2014.
Air India | ||
---|---|---|
IATA AI | OACI AIC | Indicativo AIRINDIA |
Fundación | 15 de outubro de 1932 (como Tata Airlines) | |
Inicio das operacións | 29 de xullo de 1946 | |
Plan de voo frecuente | Flying Returns | |
Alianza | Star Alliance | |
Frota | 116 | |
Destinos | 89 | |
Holding | Air India Limited | |
Eslogan da compañía | Air India... Truly Indian | |
Sede | ||
Páxina web: http://airindia.in/ |
A aeroliña fundouna J. R. D. Tata como Tata Airlines en 1932; o propio Tata pilotou o seu primeiro monomotor de Havilland Puss Moth transportando correo dende Karachi a Bombai e posteriormente ata Madras. Tras a segunda guerra mundial converteuse nunha compañía pública limitada e foi renomeada como Air India. O 21 de febreiro de 1960 recibiu o seu primeiro Boeing 707, bautizado como Gauri Shankar, converténdose na primeira aeroliña asiática en ter un reactor na súa frota.[3] En 2000–01 fixéronse intentos por privatizar a compañía, e dende 2006 en diante sufriu perdas tras a súa fusión con Indian Airlines.