Albaneses de Kosovo
grupo étnico de Kosovo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os albaneses de Kosovo (en albanés: Shqiptarët e Kosovës), tamén coñecidos como albanokosovares,[5] constitúen o grupo étnico máis grande en Kosovo. Segundo o censo de 1991 de Iugoslavia, o cal foi boicoteado polos albaneses, había 1 596 072 albaneses en Kosovo ou o 81,6% da poboación. Nas estimacións do ano 2000, había entre 1 584 000 e 1 733 600 albaneses en Kosovo ou o 88% da poboación; no ano 2011,[1] a poboación albanesa era do 92,93%. Os albaneses de Kosovo son ghegs.[6] Falan o albanés nas súas variedades gheg, máis especificamente as do noroeste e do nordeste.
Datos rápidos Poboación, Kosovo ...
Albaneses de Kosovo | |
---|---|
Albaneses en Kosovo segundo o censo de 2011. | |
Poboación | |
Poboación total: 2-3 millóns | |
Rexións principais: | |
Kosovo | 1 616 869 (2011)[1] |
Turquía | + 600 000 |
Alemaña | 300 000[2] |
Suíza | 200 000[2][3][4] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua albanesa |
Relixión | Sunnismo (maioría) Cristianismo, irrelixión (minoría) |
Grupos relacionados | Pobo albanés |
Pechar