Alexandre I de Iugoslavia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Alexandre I,[1] nado en Cetinje (Montenegro) o 16 de decembro de 1888 e finado en Marsella (Francia) o 9 de outubro de 1934, tamén coñecido como Alexandre o Unificador,[2][3] foi o príncipe rexente do reino de Serbia dende 1914 e posteriormente rei do reino de Iugoslavia entre 1921 e 1934 (antes de 1929 o estado era coñecido como Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos). Foi asasinado polo búlgaro Vlado Chernozemski, durante unha visita de estado a Francia en 1934.[4]
Non confundir con Alexandre I de Serbia.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Pechar