Alfabeto sudarábico
From Wikipedia, the free encyclopedia
O antigo alfabeto sudarábico (tamén coñecido como musnad) separouse do alfabeto protosinaítico sobre o século -XIII. Usouse para escribir os dialectos surarábigos dos reinos de Saba e Mina no sur da península arábica. Atopáronse formas antigas datadas no século VIII a.C. en Babilonia. A súa forma madura acadouna sobre o 500 a.C., e seguiuse empregando ata o século VII, cando foi desprazado polo alfabeto árabe. O alfabeto expandiuse ata Etiopía, onde evolucionou ata dar o alfabeto ge'ez, a base dos modernos alfabetos amhárico, tigriña e tigré.
Máis información Historia do alfabeto, Xenealoxía completa ...
Historia do alfabeto |
---|
Idade de Bronce Medio ss –XIX - -XV
|
Meroítico s. –III. |
Xenealoxía completa |
Pechar