Babilonia
mosopatamia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Babilonia foi a capital dun reino clave da antiga Mesopotamia dos séculos XVIII ao VI a.C.. No moderno Iraq, localízase a aproximadamente 110 quilómetros ao sur de Bagdad. A capital construíuse sobre o río Éufrates e dividíase en partes iguais ao longo das súas marxes esquerda e dereita, con terraplens empinados para conter as inundacións estacionais do río. Babilonia era orixinariamente unha pequena cidade acadia que data do período do Imperio acadio c. 2300 a.C..
Mesopotamia |
Río Éufrates – Tigris |
Cidades / Imperios |
Sumeria: Uruk – Ur – Eridu |
Kish – Lagash – Nippur |
Imperio acadio: Agadé |
Babilonia – Isín – Larsa – Susa |
Asiria: Asur – Nínive |
Nuzi – Nimrud |
Imperio Babilónico – Caldea – |
Elam – Amorreos |
Mitanni – Casitas |
Cronoloxía |
Reis sumerios |
Reis de Asiria |
Reis de Babilonia |
Lingua |
Escrita cuneiforme |
Lingua sumeria – Acadio |
Elamita |
Mitoloxía |
Gilgamesh – Marduk |
Babilonia | |
---|---|
Unha vista parcial das ruínas de Babilonia desde o palacio de verán de Saddam Hussein | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Iraq |
Localización | 32°32′11″N 44°25′15″L |
Tipo | Cultural |
Criterios | III, VI |
Rexión da UNESCO | Estados árabes |
Identificador | 278 |
Estímase que Babilonia era a cidade máis grande do mundo c. 1770 – c. 1670 a.C, e de novo c. 612 – c. 320 a.C . Talvez foi a primeira cidade en alcanzar unha poboación superior aos 200.000 habitantes.[1] Estimacións do alcance máximo da súa área comprendida entre 890 [2] a 900 hectáreas.[3]
Os Xardíns colgantes da Babilonia foron unha das sete marabillas do mundo antigo, aínda que algúns estudosos cren que estes estaban realmente na capital asiria de Nínive.
As principais fontes de información sobre Babilonia son: escavación do sitio, referencias en textos cuneiformes atopados noutras partes de Mesopotamia, referencias na Biblia, descricións nas escrituras clásicas (especialmente por Herodoto) e descricións de segunda man (citando o traballo de Ctesias e Beroso) presenta unha imaxe incompleta e ás veces contraditoria da cidade antiga, mesmo no seu apoxeo no século VI a.C.[4]