Allen Iverson
baloncestista estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Allen Ezail Iverson, nado o 7 de xuño de 1975 en Hampton, Virxinia,[1] é un antigo xogador profesional de baloncesto estadounidense. Militou principalmente nos Philadelphia 76ers da National Basketball Association (NBA), xogando tamén en Denver Nuggets, Detroit Pistons e Memphis Grizzlies.
Allen Iverson | |
---|---|
Posición | Escolta / Base |
Dorsal | 3, 1, 4 |
Altura | 1,83 m (6 ft 0 in) |
Peso oficial | 75 kg (165 lb) |
Nacemento | 7 de xuño de 1975 (48 anos) Hampton, Virxinia |
Carreira | |
Universidade | Georgetown (1994–1996) |
NBA Draft | 1996 / Rolda: 1 / Elección: 1 Por Philadelphia 76ers |
Tempadas | 1996–2011 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 24 368 (26,7 pp) |
Rebotes | 3 394 (3,7 pp) |
Asistencias | 5 624 (6,2 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
| |
Adestrador | |
Foi seleccionado na primeira posición do Draft da NBA de 1996 por Philadelphia 76ers,[2] equipo no que xogou até 2006, cando foi traspasado a Denver Nuggets. Na súa etapa nos 76ers, Iverson gañou o MVP da Tempada e do All-Star Game en 2001, liderando ademais ao seu equipo ás Finais da NBA onde caeu ante Los Angeles Lakers. Na súa primeira campaña na liga alzouse co Rookie do Ano e integrou o mellor quinteto de rookies da tempada. Pese a súa altura, 1,83 m, é un dos maiores anotadores da historia da NBA, sendo a súa porcentaxe anotadora ao longo da súa carreira a sexta mellor da historia (26,7 puntos por partido). A nivel internacional Iverson representou á selección de Estados Unidos nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004, gañando unha medalla de bronce.