Dinastía almorábide
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Almorábides foron unha dinastía bérber do Sáhara que vivía entre o actual Senegal e o sur do Sáhara occidental[1]. Esta dinastía está emparentada coas tribos bérberes de Sanhaja e Lamtuna. Desde o século XI até o XII, a dinastía almorábide gobernou o Sáhara, parte do norte de África e parte da Península Ibérica.
Datos rápidos Himno, Localización ...
Himno | sen valor | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Capital | Azougui (en) Azougui (en) (1058–1062) Marrakech (1062–1147) | |||
Poboación | ||||
Lingua oficial | Lingua bérber | |||
Relixión | Islam | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 1040 (Gregoriano) | |||
Disolución | 1147 (Gregoriano) | |||
Sucedido por | Imperio almohade | |||
Evento clave
| ||||
Organización política | ||||
Forma de goberno | monarquía | |||
Moeda | Dinar | |||
Pechar
Baixo esta dinastía o imperio musulmán estendeuse sobre o actual Marrocos, Sáhara Occidental, Mauritania, Xibraltar, Tlemcen (en Alxeria) e gran parte do que hoxe son o Senegal, Malí, España e Portugal. Na súa maior extensión, o imperio ocupaba 3000 quilómetros desde o norte ao sur (a maior latitude de todos os tempos até a colonización española das Américas).