Sáhara Occidental
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Sáhara Occidental é un territorio do norte de África situado no extremo occidental do deserto do Sáhara, as beiras do océano Atlántico. É un dos 17 territorios non autónomos baixo supervisión do Comité Especial de Descolonización da Organización das Nacións Unidas, coa fin de eliminar o colonialismo.[1] Foi introducido na lista dos territorios non autónomos en 1960 a través da resolución 1542 (XV) da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, de 15 de decembro dese ano, cando era unha provincia española.[2]
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
الصحراء الغربية (ar) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Territorio reivindicado por | Marrocos (1976–) República Árabe Saharauí Democrática (1976–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 612.000 (2021) (2,3 hab./km²) | ||||
Lingua usada | árabe moderno padrão (pt) Árabe hassani (pt) árabe marroquí lingua castelá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 266.000 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 237 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Moeda | Dirham | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .eh | ||||
Prefixo telefónico | +212 | ||||
Código de país | EH | ||||
O seu proceso de descolonización foi interrompido en 1976, cando a súa potencia administradora, España, abandonou o Sáhara Occidental nas mans de Marrocos e Mauritania. Isto sucedeu trala marcha verde e conforme ao disposto nos Acordos de Madrid (1975), non válidos segundo o Dereito internacional.[3] Xa no século XXI o territorio está ocupado[3][4] na súa maior parte por Marrocos, que o chama as súas Provincias Meridionais. Porén, a soberanía marroquí non está recoñecida nin polas Nacións Unidas nin por ningún país do mundo[5] e é rexeitada pola Fronte Polisario. Este proclamou a súa independencia en 1976 e creou a República Árabe Saharauí Democrática (RASD), recoñecida ata o momento por máis de oitenta países. A RASD administra a rexión ao leste non controlada por Marrocos, a cal denomina Zona Libre. Por outra banda, Mauritania ocupa a cidade sureña de La Güera e outras zonas adxacentes a esta dentro da península de Cabo Blanco.