Altiplano andino
extensa planicie de América do Sur / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Altiplano andino, altiplano suramericano, meseta do Collao ou meseta do Titicaca, é unha extensa planicie de altura ou altiplano de América do Sur situada a unha altitude media de 3800 msnm que abrangue parte do noroeste da Arxentina, o occidente de Bolivia, parte do norte de Chile e parte do sur do Perú. Ten importancia histórica por ser o lugar en que xurdiron diversas civilizacións, como a cultura Tiahuanaco, e realizouse a domesticación de plantas como a pataca e animais como a llama e a alpaca. Polas súas características ambientais e ecolóxicas, é unha rexión natural única no continente e pola súa altitude pertence á rexión da Puna.
Altiplano andino Meseta do Collao ou do Titicaca | |
---|---|
O altiplano boliviano preto de Uyuni | |
Localización | |
Continente/s | América do Sur |
País/es | Perú, Bolivia, Chile, Arxentina |
Coordenadas | 16°S 69°O |
Datos | |
Cota | 3800 msnm |
A cordilleira dos Andes forma un macizo impoñente que se ergue xunto á depresión intermedia, en forma dun gran plano inclinado, alcanzando alturas por encima dos 6000 metros de orixe tectónica e volcánica. Os materiais erosionados destas cordilleiras e os expulsados polos volcáns encheron a depresión central, formando planicies que deron a eses sectores o nome de altiplano.
O altiplano recibe precipitacións tropicais e neve durante o verán austral, entre xaneiro e febreiro; este fenómeno climático é chamado «inverno boliviano». Tanto a aridez como a altura limitan e determinan a vida: a flora e a fauna, fortes e especializadas, sobreviven ás condicións extremas por riba dos 3600 m. Existe unha gran diversidade biolóxica con mostras representativas que están protexidas nos parques e nos monumentos nacionais. Así, vasto e colorido, salpicado por lagos, pantanos, salinas e géyseres; coroado por volcáns de máis de 6000 metros.