Amy Winehouse
cantante inglesa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Amy Jade Winehouse, nada en Londres, Inglaterra o 14 de setembro de 1983 e finada na mesma cidade o 23 de xullo de 2011, máis coñecida simplemente como Amy Winehouse, foi unha cantante e compositora inglesa recoñecida polo seu alcance vocal contralto[1], descrito como "acusticamente poderoso" e capaz de expresar "profunda emoción", destacando pola mestura ecléctica de xéneros musicais, incluíndo soul[2][3][4] (ás veces denominado como blue-eyed soul e neo soul)[5][6], rhythm and blues[7][8][9], jazz[10][11] e reggae[12][13].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Amy Jade Winehouse 14 de setembro de 1983 Southgate (Reino Unido) |
Morte | 23 de xullo de 2011 (27 anos) Camden (Reino Unido) |
Causa da morte | Embriaguez |
Lugar de sepultura | Edgware |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | escola Sylvia Young de teatro Academia Ashmole Bourne Grammar School The Mount, Mill Hill International BRIT School |
Altura | 1,6 m |
Actividade | |
Campo de traballo | Composición musical |
Ocupación | cantautora , guitarrista de jazz , animadora , músico de jazz , guitarrista , artista discográfico |
Período de actividade | 2000 - 2011 |
Xénero artístico | Soul, Rhythm and blues, Jazz, Blues, blue-eyed soul, Reggae e ska |
Influencias | |
Lingua | Lingua inglesa |
Tesitura | Contralto |
Instrumento | Guitarra, Batería e voz |
Selo discográfico | Universal Music Group Island Records Republic Records |
Familia | |
Cónxuxe | Blake Fielder-Civil (2007–2009) |
Parella | Reg Traviss (2010–2011) Alex Clare (2006–2007) |
Pais | Mitch Winehouse e Janis Seaton |
Premios | |
Páxina web | amywinehouse.com |
|
O seu álbum de debut do ano 2003 Frank foi valorado positivamente pola crítica especializada e foi comercialmente un éxito no seu país natal, o Reino Unido, e foi candidato ó premio Mercury Prize. O seguinte álbum de Winehouse do ano 2006, Back to Black, levou cinco premios Grammy, igualando naquel entón a marca de maior número de triunfos nunha única noite para unha artista feminina, e foi a primeira muller británica en gañar cinco premios Grammy[14][15], incluíndo a Mellor Artista Revelación, Gravación do Ano e Canción do Ano. Gañou ademais un World Music Award e tres premios Ivor Novello; no 2004 á Mellor Canción Contemporánea por Stronger Than Me, no 2007 de novo Mellor Canción Contemporánea, esta vez por Rehab e no 2008 Mellor Canción Lírica e Musicalmente por Love Is a Losing Game, tamén gañou o premio Brit á Mellor Artista Feminina Británica de 2007, sendo tamén candidata ó Mellor Álbum Británico con Back to Black, entre outros premios de prestixio.
Recibiu a atención dos medios de comunicación por causas alleas ó seu talento musical, fixándose na súa polémica vida persoal. O seu estilo distintivo, as tatuaxes e o peiteado beehive, os seus problemas xurídicos constantes, dependencia das drogas e mais do alcohol e as complicacións médicas polo seu comportamento autodestrutivo foron fonte de titulares dende o 2007. Morreu por intoxicación etílica o 23 de xullo de 2011 á idade de 27 anos, revelándose o motivo meses despois da súa morte, que nun principio fora asociada ás súas múltiples adiccións[16]. O seu álbum Back to Black converteuse, postumamente e durante un tempo, no álbum máis vendido do Reino Unido no século XXI[17]. No 2012, Amy Winehouse colocouse no posto 26 na lista das "100 mellores mulleres da música" elaborada pola VH1[18]. A BBC denominouna como "o talento vocal preeminente da súa xeración"[19].