Arboga
From Wikipedia, the free encyclopedia
Arboga é unha cidade no centro de Suecia, o núcleo principal do concello de Arboga, no condado de Västmanland. No ano 2017 tiña unha poboación de 13 934 habitantes.[1]
Datos rápidos Localización, Capital de ...
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | Condado de Västmanland | ||||
Municipios | concello de Arboga | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.989 (2020) (1.375,34 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 799 ha | ||||
Altitude | 20 m | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 732 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0589 | ||||
Páxina web | arboga.se |
Pechar
As primeiras referencias á cidade chegan a 1286, xa que durante a Baixa Idade Media foi unha das vilas máis importantes do reino. O primeiro parlamento de Suecia (Riksdag) xuntouse en Arboga en 1435. Hoxe a cidade é un centro de comunicación e as autoestradas europeas E18 e E20 converxen nela.