Ascalón
From Wikipedia, the free encyclopedia
Ascalón (en hebreo: אַשְׁקְלוֹן, Ashkelon; en árabe: عسقلان Asqalun) é unha cidade de Israel, situada a 56 km ao sur de Tel Aviv e a 73 km ao suroeste de Xerusalén. Atópase á beira do mar Mediterráneo e preto do deserto do Néguev. A cidade goza dun clima especialmente agradable, tanto fresco como seco. Os días chuviosos son raros e posúe unha das praias de areas máis finas do país, así como innumerables lugares de entretemento. Mencionada na Estela de Merenptah, floreceu baixo o réxime de gregos e romanos. Herodes agrandou e embeleceu en gran medida a cidade, a cal se cre que foi o seu lugar de nacemento. Plinio o vello fala no seu tempo dela como cidade libre.[1]
אַשְׁקְלוֹן (he) | |||||||
Localización | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
Estado | Israel | ||||||
Distrito (pt) | Distrito Sul (pt) | ||||||
Subdistrict of Israel (en) | Ashkelon Subdistrict (en) | ||||||
Capital de | |||||||
Poboación | |||||||
Poboación | 134.454 (2016) (2.801,13 hab./km²) | ||||||
Xeografía | |||||||
Superficie | 48 km² | ||||||
Altitude | 10 m | ||||||
Datos históricos | |||||||
Creación | 950 a. C. | ||||||
Evento clave
| |||||||
Organización política | |||||||
• Alcalde | Tomer Glam (pt) | ||||||
Identificador descritivo | |||||||
Código postal | 78*** | ||||||
Fuso horario | |||||||
Outro | |||||||
Irmandado con | Côte Saint-Luc (pt) Sopot (pt) Pankow (en) Entebbe (pt) Portland Baltimore Aviano (pt) Vani (pt) Xinyang (pt) Kutaisi Iquique Aix-en-Provence Sacramento | ||||||
Páxina web | ashkelon.muni.il… |
Este artigo amosa escritos hebraicos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Algúns xudeus permaneceron en Ascalón cando esta se converteu nunha cidade cristiá baixo o réxime bizantino. Tomada polos musulmáns en 638, estaba tan ben fortificada e defendida que os cruzados non puideron conquistala ata 1153, cando aínda quedaba unha pequena comunidade xudía no lugar. Destruída completamente no 1270 polo sultán Baibars, estivo abandonada durante séculos e ficou esquecida a súa localización. A cidade foi buscada sen éxito pola exploradora británica Hester Stanhope en 1830.
A vila árabe de al-Majdal ou al-Majdal Asqalan (árabe: المجدل; hebreo: אל-מג'דל, מגדל), foi establecida a uns poucos quilómetros cara ao interior da cidade histórica do século XV, baixo goberno otomán. En 1920 pasou a formar parte do Mandato británico de Palestina. Al-Majdal tiña unha poboación de 10.000 habitantes antes da guerra árabe-israelí de 1948, e en outubro de 1948 a cidade acollía a centos de refuxiados das localidades veciñas.[2] Al-Majdal serviu de posto avanzado para as forzas exipcias asentadas en Gaza.[3] Finalmente foi conquistada polas forzas israelís o 5 de novembro de 1948, e para entón a maioría da poboación árabe xa abandonara a cidade,[4] deixando só 2 700 habitantes, dos cales 500 foron deportados polas tropas de Israel en decembro dese ano.[4] A cidade pasou a coñecerse como Migdal Gaza, Migdal Gaz e Migdal Ashkelon polos novos habitantes xudeus.
En 1953 o asentamento veciño de Afridar quedou incorporado e readaptouse o nome Ascalón para a cidade. En 1961 Ascalón foi situada no posto 16 entre os centros urbanos de Israel, cunha poboación de 24.000 habitantes.[5] En 2016 a súa poboación era de 130.660 habitantes.[6]