Atol Tupai
From Wikipedia, the free encyclopedia
Tupai é un atol do grupo de illas de Sotavento das illas da Sociedade, na Polinesia Francesa composto por cinco illotes ou motus. Depende administrativamente do concello de Bora Bora que se atopa a 22 km ao sur.
Datos rápidos Tupai, Situación ...
Tupai | |
---|---|
Localización do atol | |
Situación | |
País | Francia |
Colectividade de ultramar | Polinesia Francesa |
Arquipélago | Illas da Sociedade |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 16°17′S 151°50′O |
Xeografía | |
Xeoloxía | Atol |
Superficie | 11 km² |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Pechar
O atol ten a particularidade de ter dúas lagoas: a lagoa interior e unha lagoa exterior estreita pechada por un segundo anel de escollos. A superficie total é de 11 km². Só ten algúns habitantes esporádicos para colleitar copra. Dispón dun aeródromo privado.
Tamén se chama Motu Iti, que quere dicir «illa pequena». Segundo unha lenda, as almas de camiño ao mundo dos mortos pasan por Tupai.[Cómpre referencia]