Audrey Hepburn
actriz británico-belga que realizou a meirande parte da súa carreira artística nos Estados Unidos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Audrey Hepburn, nada como Audrey Kathleen Ruston o 4 de maio de 1929 en Ixelles e finada o 20 de xaneiro de 1993 en Tolochenaz (Vaud), foi unha actriz británico-belga que realizou a meirande parte da súa carreira artística nos Estados Unidos. Tamén foi moi activa como embaixadora de UNICEF.
É considerada pola American Film Institute como a terceira mellor estrela feminina de tódolos tempos.
Nada en Ixelles, un distrito de Bruxelas, Hepburn pasou a súa infancia entre Bélxica, Inglaterra e os Países Baixos, incluíndo a Arnhem que estivo ocupada polos alemáns durante a segunda guerra mundial. En Ámsterdam, estudou ballet con Sonia Gaskell antes de trasladarse a Londres en 1948 para seguir os seus estudos de ballet con Marie Rambert e traballar como corista nas producións musicais de West End.
Logo de aparecer en varias películas británicas e protagonizar a obra de Broadway de 1951, Gigi, Hepburn interpretou o papel principal de Vacacións en Roma (1953), o cal valeulle un Óscar á mellor actriz. Máis tarde actuando en películas de éxito como Sabrina (1954), Historia dunha monxa (1959), Breakfast at Tiffany's (1961), Charada (1963), My Fair Lady (1964) e Wait Until Dark (1967), Hepburn recibiu nomeacións aos premios Oscar, Globo de Ouro e BAFTA e devindicou un premio Tony pola súa actuación teatral na obra de Broadway de 1954, Ondina. Hepburn segue sendo unha das poucas persoas que gañaron un Óscar, un Emmy, un Grammy e un Tony. Hepburn foi a primeira actriz en gañar un Oscar, un Globo de Ouro e un premio BAFTA por unha soa actuación: Vacacións en Roma en 1954.
Apareceu en menos películas a medida que a súa vida seguiu, dedicando gran parte da súa vida posterior a Unicef. Malia contribuír coa organización desde 1954, traballou nalgunhas das comunidades máis profundamente desfavorecidas de África, América do Sur e Asia entre 1988 e 1992. Foi galardoada coa Medalla Presidencial da Liberdade en recoñecemento ao seu labor como Embaixadora de boa vontade de Unicef a finais de 1992. Un mes máis tarde, Hepburn morreu de cancro apendicular na súa casa en Suíza a principios de 1993 á idade de 63 anos.[1][2][3]