Axuda:Homónimos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Con frecuencia atopamos ligazóns que por erro ou ambigüidade se refiren a artigos con títulos homónimos (palabras que teñen dous ou máis significados diferentes e que se escriben ou pronuncian igual). Para evitar iso existen as páxinas de homónimos, que conteñen unha lista de ligazóns ás páxinas que inclúen no seu título a palabra homónima.
Pódese ver unha lista das páxinas de homónimos na: Categoría:Homónimos.
Nesas páxinas inclúese a seguinte mensaxe:
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |