B. K. S. Iyengar
From Wikipedia, the free encyclopedia
Bellur Krishnamachar Sundararaja Iyengar (en kanarés: ಬೆಳ್ಳೂರ್ ಕೃಷ್ಣಮಾಚಾರ್ ಸುಂದರರಾಜ ಐಯಂಗಾರ್), nado o 14 de decembro de 1918, e finado o 20 de agosto de 2014, foi un importante mestre de ioga máis coñecido como B.K.S. Iyengar. Foi o fundador dun estilo coñecido como "ioga Iyengar" e está considerado un dos máis senlleiros mestres de ioga do mundo.[1][2] Foi o autor de varios libros sobre a práctica e a filosofía do ioga como Light on Yoga, Light on Pranayama, Light on the Yoga Sutras of Patanjali e Light on Life. Iyengar foi un dos primeiros estudantes de Tirumalai Krishnamacharya, quen é considerado a miúdo como "o pai do ioga moderno".[3] Foi considerado como o principal embaixador do ioga, primeiro na India e despois arredor de todo o mundo.[4]
Iyengar no 2004. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Bellur Krishnamachar Sundararaja Iyengar 14 de decembro de 1918 Bellur, Distrito de Kolar, Reino de Mysore (hoxe Karnataka, India) |
Morte | 20 de agosto de 2014 (95 anos) Pune, Maharashtra, India |
Causa da morte | morte natural suicidio, insuficiencia cardíaca |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | India (1950–) Dominio da India (1947–1950) Raj Británico (–1947) |
Actividade | |
Ocupación | Mestre de ioga |
Profesores | Sri Tirumalai Krishnamacharya (pt) |
Alumnos | Jiddu Krishnamurti, Jayaprakash Narayan (en) e Achyut Patwardhan (pt) |
Lingua | Lingua kanaresa e lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Ramamani |
Fillos | Geeta Iyengar e outros 5 |
Premios
| |
Páxina web | bksiyengar.com |