Bacteroidetes
From Wikipedia, the free encyclopedia
As Bacteroidetes (sinónimo Bacteroidota) son un filo de bacterias composto por tres grandes clases de bacterias gramnegativas, non formadoras de esporas, anaeróbicas, e con forma de bacilos, que están amplamente distribuídas no ambiente, e que aarecen no solo, sedimentos, mares e nos intestinos e pel dos animais.
Bacteroidetes | |||||
---|---|---|---|---|---|
Cultivo de Bacteroides sp.. | |||||
Clasificación científica | |||||
| |||||
Clases | |||||
|
Con diferenza, a clase Bacteroidia é a mellor estudada deste filo, e inclúe os xéneros Bacteroides (un organismo abundante nas feces dos animais de sangue quente, incluídos os humanos), e Porphyromonas, que habitan na cavidade bucal humana. A clase actual Bacteroidia antes foi chamada formalmente Bacteroidetes xa que ata hai pouco era a única clase do filo (nese caso coinciden os nomes do filo e a clase), pero o nome foi cambiado no cuarto volume do Bergey's Manual of Systematic Bacteriology.[1]
Membros do xénero Bacteroides son patóxenos oportunistas. Os membros das outras dúas clases raramente son patóxenos para os humanos.
O investigador Jeffrey Gordon e os seus colegas descubriron que os homes e os rtos obesos tiñan unha flora intestinal cunha baixa porcentaxe de Bacteroidetes e relativamente maior cantidade de bacterias do grupo Firmicutes. Porén, non están seguros se os Bacteroidetes preveñen a obesidade ou se esta flora intestinal é simplemente seleccionada preferencialmente nas condicións intestinais dos que non están obesos.[2][3][4]
Este filo agrúpase ás veces con Chlorobi, Fibrobacteres, Gemmatimonadetes, Caldithrix e o grupo mariño A para formar o grupo FCB ou superfilo. Na clasificación alternativa proposta por Cavalier-Smith, este taxon é unha clase do filo Sphingobacteria.