Bandeira de Groenlandia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A bandeira de Groenlandia (groenlandés: Kalaallit erfalasuat, dinamarqués: Grønlands flag) é un dos símbolos oficiais de Groenlandia, e foi deseñada polo nativo groenlandés Thue Christiansen.[2] Represéntanse nela dúas bandas horizontais branca (enriba) e vermella, cun grande disco levemente movido a pouco do centro. A parte superior do disco é vermella, e a inferior branca. A bandeira enteira mide 12 por 18 partes; cada banda mide 6 partes; o disco é dun diámetro de oito partes, horizontalmente desviado 7 partes respecto ó centro, e centrado verticalmente.
Bandeira de Groenlandia | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 1 de maio de 1989[1] |
Cores | Vermello Branco |
O seu nome local en groenlandés é Erfalasorput, que significa "a nosa bandeira", pero Aappalaartoq (que significa "a vermella") é tamén empregada, tanto para a bandeira danesa como para a bandeira groenlandesa. Hoxe en día os groenlandeses colocan tanto a Erfalasorput como a Dannebrog, usualmente a carón unha da outra.
Groenlandia tivo a idea dunha bandeira propia por vez primeira en 1973 cando cinco groenlandeses propuxeron unha bandeira verde, azul e branca. Ó ano seguinte, un xornal solicitou once propostas de deseño (todas pero que unha fose unha cruz nórdica) e preguntoulle á xente para ver cal era a máis popular. A Dannebrog foi a preferida pola gran maioría. De pouco valeu ese esforzo.